"Voluntariado de lectura-A"
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos puxo en marcha no curso 2013-2014 unha inciciativa pola que se estimula o voluntariado cultural relacionado coa lectura en centros educativos. Esta proposta vai destinada ao alumnado de 3º Ciclo de Ensino Primario que se implica directamente en labores de colaboración coa biblioteca escolar e participa activamente no deseño, organización e realización de actividades de lectura compartida, dentro ou fóra do centro.
O noso centro participa nas tres modalidades da convocatoria:
Modalidade 1: Colaboración coa biblioteca escolar
Modalidade 1: Colaboración coa biblioteca escolar
Modalidade 2: Ler con…D (dentro do noso centro)
Modalidade 3: Ler con…F (fora do centro)
A continuación recollemos algunha das actividades que levamos a cabo durante o curso dentro deste proxecto:
2014/2015
Modalidade 3: Ler con…F (fora do centro)
A continuación recollemos algunha das actividades que levamos a cabo durante o curso dentro deste proxecto:
2014/2015
Durante o curso actual dous grupos de 5º de Educación Primaria participaron activamente nas actividades do voluntariado de lectura, un total de 35 nenos e nenas foron os encargado de deseñalas e levalas a cabo. Cada
día durante os recreos un grupo de cinco alumnas e alumnas, organizados
por quendas, realizaban traballo de bibliotecarios e bibliotecarias
entre os que se atopaban:
Os
recreos son un dos momentos máis divertidos do voluntariado, tanto aos
usuarios da biblioteca como aos voluntarios bibliotecarios encántanlles
as actividades que organizan cada semana. Mirade que ven o pasamos
todos e todas.
Para contar as súas historias os nenos e nenas de 5º realizaron numerosos traballos que servían de axuda á hora de ler aos máis pequenos ademáis de engadir un punto de motivación para os nenos e nenas de 1º que esperaban ansiosos a hora do apadriñamento.
Esta
actividade permitiunos organizar unha sesión de lectura con motivo da
celebración do “Día das Letras Galegas” na
que o noso alumnado lerá para un grupo de nenos e nenas de ACEESCA unha
adpatación feita por eles mesmos da cortametraxe “O meu irmanciño da Lúa” Todos e todas esperamos ansiosos a que chegue o día de voltar a atoparnos cos nosos novos amigos.
- Realizar o servizo de préstamos que incluía a xestión informática do préstamo e a entrega nas diversas aulas.
- Colocación de fondos no seu lugar
- Organización de actividades en función do horario establecido para os recreos: contacontos, xogos de mesa, cine e música, ….
- Elaboración de carteis de animación á lectura, normas da biblioteca, abecedario de motivos para ir á biblioteca, etc.
- Asesoraento de usuarios en canto a lecturas
- Orde e limpeza da sala.
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Realizamos actividades de apadriñamento lector
durante todo o curso de forma continuada; así os nenos e nenas de 5º A
len aos nenos e nenas de 1º A, os mércores e os de 5º B aos de 1º B, os xoves; ambos durante a hora de lectura establecida no centro de 11:05 a 11:35.
Para contar as súas historias os nenos e nenas de 5º realizaron numerosos traballos que servían de axuda á hora de ler aos máis pequenos ademáis de engadir un punto de motivación para os nenos e nenas de 1º que esperaban ansiosos a hora do apadriñamento.
VISITA ACEESCA
Con motivo da celebración do “Día
Internacional das Persoas con Discapacidad” os nenos e nenas de 5º participaron
nunha xornada de portas abertas que organizou este centro no que aproveitamos
para coñecer as actividades que realiza esta asociación e achegarnos á
realidade da nosa contorna.

PREGÓN DE ENTROIDO
Xa que este curso o noso centro foi seleccionado para
dar o pregón do entroido do
concello, os nenos e nenas de 5º coa colaboración dos nenos e nenas de 6º foron
os encargados da redacción do mesmo. Coa axuda dos mestres das catro clases
elaborouse un pregón único. Unha vez tiveron o texto, fíxose unha
selección de oito nenos e nenas, dous de cada clase que foron os encargados de dar lectura
ao pregón dende o balcón do concello o sábado de Entroido.
2013/2014
CONTO CON IMÁNS
Os nenos e nenas de 5º A escribiron a historia, deseñaron o decorado, crearon as personaxes e interpretaron este conto maravilloso con mensaxe ecolóxica aos nenos e nenas de 1º ciclo.
DÍA DA PAZ
Con motivo da celebración do día da paz os nenos e nenas de 5º A escribiron un manifesto de paz que leron a todos os nenas e nenas da escola.
APADRIÑAMENTOS
Aquí comezamos a nosa andaina como padriiños e madriñas e afillados e afilladas, hoxe é o primeiro día e todos e todas saimos moi guapos nas fotos. Esperamos que este proxecto traia moitas cousas boas.
LEMOS E APRENDEMOS
Os nenos e nenas de 5º B temos un blogue da clase no que escribimos un montón de cousas interesantaes. Aquí queremos deixar algunhas das cousas que teñen que ver cos libros, coa lectura e coa biblioteca. Os esperamos en
PLATERO QUE NI PINTADO
INVESTIGAMOS XUNTOS
Como se tocan?
Cales son as súas partes?
INVESTIGAMOS XUNTOS
Os nenos e nenas de 1º A están a aprender moitas cousas sobre os instrumentos musicais e hoxe queren aprender cousas novas sobre os instrumentos de corda como:
Cantas cordas teñen?Como se tocan?
Cales son as súas partes?
O nome de algún músico famoso que o toque ou o tocase.
Nós, os nenos e nenas de 5º A imos axudalos a buscar información na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario