25/5/12

VISITA DO MAGO NOEL

Co gallo da inauguración da nova sala de lectura para os nenos e nenas de infantil, estivo connosco o Mago Noel. Todos estivemos entretidos vendo como facía desaparecer cousas, e como facía aparecer outras.

22/5/12

UN POETA NA ESCOLA

Os nenos e nenas de 6º de Infantil e os do Primeiro Ciclo de Educación Primaria, estiveron na presentación que o autor Miguel Angel Alonso, veunos facer sobre o seu último traballo O Cullarapo Croque.


7/5/12

OS OFICIOS NA IDADE MEDIA

Os nenos e nenas de 4º seguen aprendendo moitas cousas sobre a vida na idade medi. Aquí nos deixan un pequeno videosobre cales eran os oficios tradicionais daquela época da historia. Eles están a estudar máis en profundidade aos ferreiros e aos oleiros.


1/5/12

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Con motivo da celebración do "Día do Libro" os nenos e nenas de catro anos recibiron entusiasmados a visita dos mozos e mozas do IES Ribeira do Louro que chegaron ao colexio cuns fantásticos libros para contarlles aos cativos. Todos pasamos uns momentos moi divertidos que esperamos repetir o vindiro ano.