25/4/12

VISITA DA AUTORA FINA CASALDEREY

Os nenos e nenas esperaban con moita ilución a chegada da autora Fina Csalderey. Foron baixando por ciclos o salón de actos; alí a autora contoulles breves relatos para que entenderán, como dicía ela, que era aquilo de contar historias. Os nenos quedaron engaiolados pola rápidez e imaxinación coa que a autora, Fina Casalderey, lles contou as historias a partir de dúas ou tres palabras que xurdían nese momento.


24/4/12

EXPOSICIÓN DE MARCAPÁXINAS

Todos os nenos e nenas do colexio deixaron voar a súa imaxinación para elaborar uns preciosos marcapáxinas que intercambiarán cos seus compañeiros e compañeiras de nivel.

Como podedes ver a temática dos mesmos é moi variada: os libros, a lectura, os escritores, os contos e non podía faltar a Idade Media que tamén invadiu a celebración do "Día do Libro"

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DE 4º B


Ola a todos a todas ,
Hoxé é 23 de abril, “Día internacinal do libro”.
O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano
1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da
UNESCO que se celebrou en París en 1995, para rendir unha homenaxe universal aos
libros e autores.
Por iso, os nenos e nenas de cuarto curso unímonos para inaugurar un novo espazo para
os nosos libros, A BIBLIOTECA DE 4º B.
Cando abrimos unha biblioteca nova, abrimos unha fiestra á nosa imaxinación.
Poderemos ser cabaleiros, pintores, astronautas, labregos, dragóns, peixes ou
sapoconchos... todo o que a nosa mente queira e desexemos ser.
Soldados, loitemos dende as almeas da nosa biblioteca contra os dragóns da ignorancia
e a intolerancia coa mellores armas, OS LIBROS !!!
Os libros son o alimento necesario para seguir soñando... todo está nos libros e o que
non está podemos imaxinalo cun libro.
Hoxe abrimos esta biblioteca, so queda que a coidemos e a utilicemos con cariño.

23/4/12

EL QUIJOTE "LOS MOLINOS DE VIENTO"

23 DE ABRIL, UN DÍA ESPECIAL


Na escola hoxe foi un día especial no que todos e todas, cada un a súa maneira, celebramos o "Día Internacional do Libro".
Os máis pequenos visitamos a biblioteca e descubrimos porque catro pitiños veñen cada día a visitala, despóis cada un fixo un con plastilina. Que divertida é a familia Leo, pronto seremos grandes amigos!
Os nenos de 4 e 5 anos descubrimos por que celebramos o día do libro e escoitamos o conto de "Breogán na aventura dos muíños".
Os nenos de 1º e 2º fixemos uns preciosos marcapáxinas para intercambiar.
Os nenos de descubrimos, xunto as profes, Miriam e Lorena, cómo eran as bibliotecas na Idade Media, como eran os libros ao longo da historia, as partes do libro, etc.
En fixemos a inauguración da nosa biblioteca de aula, para ter un recanto ao que acudir cada día a descubrir a maxia dos libros.
E para todo o colexio os nenos de 5º e 6º fixemos un programa de radio no que contamos as orixes desta celebración, limos a aventura dos muíños de Don Quixote e limos algúns poemas de distintos escritores famosos como Miguel de Unamuno, Garcilaso de la Vega, Becquer, Rosalía de Castro, etc.
Foi un día redondo que todavía non rematou, aínda quedan moitas actividades ao redor dos libros e escritores por facer durante este mes e parte do que ven.

13/4/12

O CULLARAPO CROQUE

O CULLARAPO CROQUE from A porta verde on Vimeo.

Despois de un mes adicado a poesía no que todos participástedes na creación de varias poesías relacionadas coa Idade Media o "Cullarapo Croque" chega á nosa biblioteca e con el o seu autor, Miguel Ángel Alonso que vai vir visitarnos e contarnos moitas cousas sobre o libro e as poesías.

O esperamos ansiosos.

POESIA INFANTIL

Filiberto o dragón
é un glotón
que come moito turrón.
A súa irmá Filiberta
é unha esperta
en dar unha aperta.
Os dous irmáns
collense das mans
e van xogar cos cans.
O seu can, León
é un dormilón
que está sentado no sillón.
A súa cadela
chamase Canela
é como unha estrela.
O seu amigo Aaron
que é un camaleón
sempre está xogando ao pin pon.