28/1/15

PASAPALABRA DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas de 5º B fixemos un rosco de pasapalabra con palabras relacionadas coa paz. animádevos a xogar.



RECURSOS DÍA DA PAZ




preview
https://dl.dropboxusercontent.com/u/4518185/wangari/lim.swf?libro=wangari.lim
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ

https://dl.dropboxusercontent.com/u/4518185/paz/lim.swf?libro=paz.lim

14/1/15

NOBEL PALACIOS DA PAZ

Este ano para conmemorar o "Día Escolar da Non Vioelncia e a Paz" que se celebra o 30 de xaneiro, dende a biblioteca propoñemos aos nenos e nenas do 3º ciclo que respondan á seguinte pregunta:

¿Qué criterios de selección propós para elexir ao gañador  ou gañadora do Premio Nobel da Paz no noso colexio?

Envía os teus criterios  ao seguinte correo electrónico bibliopalacios@gmail.com ata o 23 de xaneiro. Con todos os correos recibidos o equipo da biblioteca elaborará un documento que recolla os criterios seleccionados.

Na segunda fase  cada clase elexirá ao neno o nena que considere que mellor cumple os requisitos establecidos. Os finalistas de cada ciclo pasarán á fase final.

Na fase final do concurso unha comisión formada por mestres representantes de todos os ciclos seleccionará ao gañador de cada un.

A entrega de premios realizarase o 30 de xaneiro.


2/12/14

CDU DA NOSA BIBLIOTECA

A CDU é o sistema de clasificación de documentos seguido pola nosa Biblioteca e a maioría das Bibliotecas do mundo. Aquí deixamos unha pequena guía da nosa CDU para que vos resulte a todos máis sinxelos atopar os documentos na nosa biblioteca.

26/11/14

25 DE NOVEMBRO



Un ano máis os nenos e nenas do noso cole participamos na cadea humana formada esta mañá polo alumnado de todos os centros educativos de Torneiros (CPI Ribeira, CEIP Plurilingüe Antonio Palacios, Aceesca, IES Ribeira do Louro e Centro de Día de Mayores).

Este acto completouse coa lectura de poemas por parte do alumnado do IES Ribeira do Louro, e dunha serie de micropoemas creados polos nenos e nenas da clase de 6º B do noso cole.

Aquí podedes ver como todos estes rapaces empezan a descubrir a importancia da muller e a rexeitar de xeito contundente a violencia de xénero.





24/11/14

SEMANA EUROPEA DA ROBÓTICA

Esta semana celébrase a Semana Europea da Robótica. Durante a mesma preténdese que descubramos a crecente importancia da robótica nunha gran variedade de áreas de aplicación. 
Os nenos e nenas de 6º B coas súa mestra, Miran Campos, están a traballar sobre este tema e hoxe amosaron aos nenos e nenas de 2º a importancia da robótica na nosa vida, os tipos de robots que atopamos a diario e unha chea de cousas interesantes que deixaron aos máis pequenos abraiados. 
Se queredes saber máis cousas sobre robots podedes pasar pola biblioteca onde atoparedes distintos libros sobre o tema. Ademais deixamos aquí un enlace para que descubrades o que os nenos e nenas de 6º B están a facer na súa clase. 
         


Mañá durante o recreo podes vir á biblioteca a debuxar un robot. Con todos os vosos debuxos faremos unha exposición e veremos xuntos "Cambio de pilas"